|
· información
· rexistro
· fotografías
· logotipo
· listaxe expositores
· galería de fotos
· cómo chegar
· aloxamento e lecer
· contactar |
Máis de 130 expositores exhibirán a súa oferta para o sector do regalo do 13 ó 15 de abril no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia en Santiago de Compostela.
Se o desexa, pode descargar en formato PDF, o folleto informativo desta edición e a invitación para profesionais que lle dará acceso á feira:
|
| Require Adobe® Reader®, programa gratuito que pode conquerir pulsando no seguinte logo: |
|
 |
| |
Do venres 13 ó domingo 15 de abril de 2007, celebrarase a 7ª edición de Primavera, a feira norte do regalo, un salón exclusivamente para profesionais que, ademais dunha coidadosa selección de produtos, se configura de forma integral como un espazo creativo.
|
| |
Arredor de 130 expositores participan este ano en Primavera, unha fórmula feiral, refrescante e moi atractiva para o segmento do regalo de calidade e os obxectos de autor que, nas anteriores edicións, conseguiu entusiasmar á meirande parte dos participantes e a centos de visitantes profesionais do mundo do regalo (1.200 na última edición).
|
| |
Esta feira é un punto de encontro de fabricantes, distribuidores, deseñadores e autores de regalo de calidade e obxectos creativos. A súa oferta abarca cerámicas, obxectos de bronce, pequeno mobiliario, xoiería contemporánea, esculturas, artigos de papelería, regalo publicitario, vidro decorativo e doméstico, reloxos de deseño, lámpadas, artículos informais de cartón pedra, serigrafías, téxtiles de firma, marroquinería de alta calidade, etc. (pódese atopar o listado dos expositores de edicións anteriores nesta web).
|
| |
Primavera, a diferenza doutros salóns, sobresae polo deseño do espazo de exposición e pola comodidade e tranquilidade coa que pode ser visitada. A entrada é gratuíta -previa invitación ou acreditación como profesional- e, tanto expositores como visitantes, poden disfrutar dos múltiples servizos do Pazo de Congresos: a súa ampla cafetería, un restaurante selecto e o aparcadoiro gratuíto. Trátase dunha feira amable, próxima e atractiva, onde toda as impresións son positivas.
|
| |
Este salón trata de romper coa masificación e banalidade, poñendo de relevo a creatividades propia, a ser posible da man do propio fabricante, ofrecendo produtos exclusivos e excelentes que resalten ós establecementos que os van comercializar. A feira porpón unha nova cultura do regalo coa vocación de descartar a apariencia e o artificio en beneficio da calidade e a autenticidade dos obxectos.
|
| |
A organización de Primavera logrou consolidar un novo e inxenioso estilo feiral, un marco de negocio áxil e eficaz con solucións actuais para expositores e visitantes. |
|
|
|