|
· información
· condicións
· solicitude
· listaxe expositores
· galería de fotos
· cómo chegar
· aloxamento e lecer
· contactar |
Ofrecémoslle a continuación información xeral sobre a Feira e as condicións de participación da edición 2007.
Tamén pode descargar a documentación en PDF:
|
|
Require Adobe® Reader®, programa gratuíto que pode conquerir pulsando no seguinte logo:
 |
Solicitude de Participación para Expositores
Deberá formalizarse a través do impreso que proporciona a organización, facilitando todos os datos solicitados.
Acompañarase de suficiente información gráfica sobre os produtos que se pretenden expoñer na feira.
Aceptación da Participación
| |
Para reservar o carácter e a finalidade da feira, a organización aplica criterios de selección na admisión dos produtos a expoñer, polo que se reserva totalmente o dereito de aceptación de participación e poderá rexeitar aquelas solicitudes que, ó seu criterio, non se axusten á finalidade e carácter da feira.
|
| |
En calquera caso, os expositores comprometeranse a aceptar as presentes Condicións e as Directivas técnicas que se lles comuniquen.
|
| |
A organización da feira comunicará por escrito a aceptación de participación e as instrucións técnicas relativas á montaxe e celebración da feira. |
Forma de Pago
| |
Realizarase en metálico, mediante cheque bancario conformado ou por transferencia bancaria a favor de Primavera, Feira Norte do Regalo.
|
| |
O pago efectuarase dunha soa vez e con antelación á data que se indique na carta de aceptación.
|
| |
En calquera caso, a acreditación do pago da totalidade do custo do espazo contratado será condición indispensable para acceder á montaxe na feira. |
Liquidación de Gastos e Retirada de Material de Exposición
A liquidación total dos gastos adicionais que se poidan producir polo expositor durante a celebración da feira, será condición indispensable para retirar o material (mobiliario, obxectos e instalacións) do seu correspondente espazo.
Renuncia
A renuncia do expositor á súa participación poderá ser motivo de pérdida da cantidade adiantada.
Montaxe e Decoración do Stand
| |
Os expositores poderán dispoñer dos espazos na feira a partir do día anterior á súa apertura. A organización informará con antelación dabondo dos horarios de montaxe.
|
| |
Os materiais e obxectos a expoñer serán os que aparezan detallados na solicitude e que foran admitidos pola Organización.
|
| |
Non se permitirá a entrada nen a saída de mercancías durante o horario de apertura ó público.
|
| |
Calquera intervención no stand terá que contar coa autorización da organización.
|
| |
En atención ó deseño global da montaxe da feira, calquera modificación queda supeditada ó criterio da organización e consultada, en calquera caso, con antelación dabondo.
|
| |
A ubicación dos espazos que ocupen os expositores quedará a criterio da organización que, en función das necesidades da montaxe, poderá modificala en todo momento. |
Desmontaxe e Saída
| |
Os stands non poderán ser evacuados, nin na súa totalidade nin en parte, antes da hora de peche do último día da feira. Os stands deberán ser evacuados nos horarios que se indiquen pola organización, debendo deixar o espazo completamente limpo e recollido de materiais de refugallo.
|
| |
Os expositores deixarán os stands e equipamento nas condicións nas que os recibiron. Todos os deterioros causados polo expositor ou os seus mandatarios serán reparados ó seu cargo. |
Vixiancia e Seguridade
A feira establecerá dentro do recinto un servizo de orden e vixiancia xeral, pero declina toda responsabilidade sobre os danos e prexuízos que por accidentes meteorolóxicos, fume, roubo ou calquera feito da natureza que sexa, puideran ocasionarse ás instalacións e ós bens de cantos particulares, entidades e organismos participen na mesma.
Os expositores serán responsables dos danos que, por acción propia, do seu persoal, ou das súas instalacións, poidan causar a terceiros.
Apertura e Peche
Os expositores están obrigados a manter abertos ó público os seus stands durante todo o período de duración da feira, no horario fixado pola organización.
Suministro de Enerxía Eléctrica
Os stands poderán dispoñer de tomas para suministro de corrente alterna de 220W. Calquera outra instalación eléctrica deberá ser solicitada con tempo dabondo e será por conta do expositor.
Invitacións
Os expositores recibirán alomenos, 50 invitacións para distribuír libremente entre os seus clientes.
Condicións Xerais
| |
Os expositores están obrigados a permitir o paso, a través dos seus stands, para todos aqueles traballos de mantemento ou reparación que se consideren urxentes ou imprescindibles.
|
| |
Os expositores deberán ter asegurado ó seu persoal contra dos accidentes, así como cubrir os seguros sociais, impostos e demais obligacións laborais previstas na lexislación vixente, declinando a organización da feira calquera posible reclamación ou incidencia sobre estes aspectos.
|
| |
Prohíbese terminantemente depositar ou expoñer nos stands e instalacions da feira materias perigosas, inflamables, explosivas ou insalubres, que desprendan malos olores e, en xeral, aquelas que poidan molestar ós demais expositores e visitantes.
|
| |
A custodia das instalacións e produtos en exposición estará a cargo do persoal particular de cada expositor. |
Reserva de Responsabilidade
| |
A organización declina toda responsabilidade sobre as pérdidas ou danos dos produtos expostos ou doutras propiedades do expositor.
|
| |
A organización, por causa xustificada, reserva o dereito de modificar a superficie ou emprazamento adxudicado ó expositor, así como calquera outro cambio estrutural necesario, sen dereito a indemnización ou compensación.
|
| |
Se, por calquera causa, non se puidera celebrar a feira, os expositores soamente terían dereito á devolución das cantidades entregadas, sen opción a ningunha indemnización.
|
| |
A organización reserva o dereito de admisión e poderá revocar esta, se foi atribuída por datos inexactos ou se non se cumpren as condicións de admisión e participación.
|
| |
A organización poderá establecer novas disposicións impostas polas circunstancias para a boa marcha da feira, dándoas a coñecer ós expositores, incluso verbalmente.
|
| |
Para todas as obrigacións recíprocas, o lugar de execución e Tribunal competente é o Tribunal de Xustiza de A Coruña. |
Obxectivos
| |
Presentar unha proposta feiral novedosa, atractiva e de calidade orientada exclusivamente a compradores profesionais.
|
| |
Consolidar un novo discurso de presentación de produtos e a adhesión das empresas que os fabrican a un proxecto comercial co que se identifiquen.
|
| |
Crear unha atractiva cita profesional para fabricantes e comercializadores do regalo de calidade, liderando un novo estilo na organización de feiras profesionais.
|
| |
Crear unha plataforma de encontro e negocio arredor dun sector cun enorme compoñente cultural, económico e creativo.
|
| |
Conseguir que a feira sexa coñecida non soamente polas súas posibilidades de negocio, senón tamén coma un espazo de intercambio que revalorice o produto de calidade.
|
| |
Crear un novo e eficaz canal de comercialización para as pequenas empresas con produtos de calidade contrastada. |
Carácter
| |
A feira Primavera está reservada a compradores profesionais acreditados (non se permite a entrada do público, salvo que se dispoña dunha invitación oficial).
Está dirixida ó mundo do regalo de calidade e organízase co obxectivo de proporcionar unha cita anual entre empresas, fabricantes, deseñadores ou autores e compradores profesionais, maioristas, institucións, marchantes, galerías, etc.
Primavera serve ademais como cita anual para os produtores do sector do regalo, do obxecto de autor ou do regalo de empresa. Unha cita próxima que facilita o contacto directo entre responsables de puntos de venda e fabricantes ou distribuidores.
|
| |
Admite prioritariamente como expositores a empresas ou autores que presenten obras ou produtos fabricados por eles mesmos, cuxos modelos sexan de autoría propia e cunha calidade contrastada, e tamén a distribuidores de este tipo de produtos.
|
| |
Primavera é o espazo axeitado para comercializar: cerámica decorativa, tradicional, para uso doméstico, porcelanas, lámpadas, pequeno mobiliario auxiliar, complementos, téxtiles, marroquinería, xoiería, ouriveiría e pratería, obxectos de cartón pedra, esculturas de pequeno formato (en pedra, mármol, acibeche, bronce, ferro, cerámica...), grabados, obxectos de metal para a decoración ou o regalo, bronces, obxectos de madeira para uso doméstico, obxectos realizados en fibras vexetais, xoguetes, material de papelería e encadernación, obxectos de madeira taraceada ou decorada, esmaltes ó lume, vidro decorativo, vidro tallado, vidreiras, vidro fundido ou soprado, regalos de empresa, etc.
|
| |
Non se admiten expositores que presenten imitacións, obxectos realizados con materiais que induzan a confusión ou dos que non se dispoña de información dabondo sobre á súa composición, lugar de procedencia ou proceso de fabricación.
|
| |
Primavera é unha feira sen fronteiras na que poden participar expositores de todo o mundo, co único límite da calidade dos seus produtos. |
Lugar
| |
Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia en San Lázaro-Santiago de Compostela (A Coruña).
Un edificio elegante e funcional, perfectamente ubicado na saída Norte da autopista A9 (Coruña-Vigo), con excelente acceso, grandes aparcadoiros, cafetería, restaurante, aire acondicionado, etc.
|
| |
Dispón de dous grandes espazos na pranta baixa (acceso directo desde a rúa), comunicados por un amplo corredor lateral, que permiten a montaxe de arredor de 1.500 m2 de exposición.
|
| |
Nos seus arredores ubícanse varios hoteis. |
Espazos de Exposición e Precios 2007
| > |
Espazo básico (mínimo) medidas aproximadas:
6 m2 (3 m. de frente x 2 de fondo): 370 eur + IVE 7% (395,90 eur)
|
| > |
Outras medidas básicas:
8 m2 (4 m. de frente x 2 de fondo): 534 eur + IVE 7% (571,34 eur)
12 m2 (6 m. de frente x 2 de fondo): 840 eur + IVE 7% (898,80 eur)
|
| > |
A partir de 12 m2, cada metro cadrado: 75 eur + IVE 7% (880 eur + m2 x 75 eur + IVE)
|
| |
Calquera medida inclúe stand, luz, rotulación, moqueta, limpeza, inserción en catálogo e web, unha cadeira, unha mesa e 50 invitacións.
|
| > |
Espazos diáfanos para montaxes realizados polo expositor (é necesario aportar deseño da montaxe para aceptación por parte da organización da feira):
75 eur m2 + IVE 7%
(Inclúe consumo eléctrico -non instalación-, limpeza, inserción en catálogo e web, unha cadeira, unha mesa e 50 invitacións).
|
| |
Calquera montaxe distinto ó espazo básico será concertado entre a organización e os interesados de forma personalizada.
|
| |
Existe mobiliario deseñado especialmente para esta feira que pode ser alugado polos expositores (andeis, mesas e vitrinas). Consultar para aluguer de outro tipo de mobiliario. |
Datas e Horarios
Do 13 ó 15 de abril de 2007 (venres a domingo)
Inauguración: venres 13 de abril ás 12 h.
Horario ininterrumpido:
13 de abril, de 12 a 21 h.
14 e 15 de abril, de 10:30 a 21 h.
Montaxe
Día 12 de abril (xoves)
Entrada gratuíta para compradores profesionais, previa invitación ou acreditación na entrada do recinto.
Número de Expositores Previsto: 130
Promoción
| |
Promoción por correo dirixida a 12.000 tendas de regalo, institucións, empresas, entidades, etc. de toda España e Portugal e posterior envío de 12.000 invitacións.
|
| |
Visitas persoais a compradores profesionais de interese, e promoción telefónica.
|
| |
Distribución de invitacións entre expositores para o seu uso persoal. Publicidade en prensa e revistas especializadas.
|
| |
Web www.primaveranorte.com
|
| |
Catálogo gráfico de expositores.
|
| |
ncentivos á asistencia de compradores profesionais. |
|
|
|